Xiana GF, de EQUO Pontevedra, a integrante máis nova da Comisión Xestora

Queridas EQUAs e EQUOs,

Como sabedes, a Comisión Xestora de EQUO viviu hai pouco un proceso de ampliación, de 10 a 16 persoas. A Comisión Xestora é a encargada de xestionar o funcionamento de EQUO segundo o mandato de socias, socios e simpatizantes. Aquí tedes a publicación oficial na páxina de EQUO Federal sobre o tema.

Tras un proceso no que moitas das candidatas e candidatos puideron debatir e responder preguntas sobre as súas candidaturas na Equomunidade e outras redes sociais, as socias e socios puideron votar. As seis novas adicións á Comisión Xestora son, por orde alfabética:

Inés Sabanés Nadal
Itziar Aguirre
José Larios Martón
Rafael Fernández-Font Pérez
Raúl Gómez Vázquez
Xiana García Freire

Xiana GF, de 22 anos, é a integrante máis nova da Comisión Xestora. Estase reaxustando ás súas novas responsabilidades, pero polo momento segue asumindo os cargos que xa tiña en EQUO Pontevedra: Coordinadora Provincial xunto con Óscar Milego, e  Coportavoz na Mesa Federal de EQUO xunto con Ángel Montero.

EQUO segue medrando.

Convocatoria de Asemblea de EQUO Pontevedra do 23 de febreiro

Benqueridas compañeiras e compañeiros de EQUO Pontevedra,

Gustaríanos convidarvos á próxima Asemblea de EQUO Pontevedra. Sentimos non ter podido convocar a xuntanza coa antelación establecida de 10 días, pero é que tivemos un imprevisto de última hora co local.
A Asemblea vaise celebrar o xoves 23 de febreiro ás 7 da tarde no Centro Cívico de Teis (camiño Maceiras, s/n) en Vigo.
A Orde do Día provisional poñémola a continuación, e podédes engadir puntos aquí ata o 18 de febreiro:

1. Benvida e presentacións (isto último de ser preciso)

2. Novas sobre EQUO Galicia, a Mesa Federal e a Comisión Xestora.

3. Revisión da Orde do Día proposta para asemblea da Mesa Federal do 25 de febreiro en Madrid.

4. Revisión dos documentos que se mencionan nos puntos 2, 6 e 7 da Orde do Día. O documento de reforma da Equomunidade xa o podedes consultar e modificar aquí (debate aberto nos tres grupos galegos). Os outros documentos serán remitidos cando os teñamos, que será o día 18 como moi tarde, e nós temos ata o día 24 para enviar modificacións a eses documentos.

5. Debate sobre o VUT (Voto Único Transferible) como sistema electoral para EQUO. Máis info aquí.

Adicionalmente, existe unha proposta dun grupo de socias e socios de EQUO na Comunidade Valenciana para que se inclúa na Orde do Día da próxima asemblea da Mesa Federal un punto específico sobre o conflito nesa comunidade. O prazo para incluír puntos da Orde do Día de dita asemblea é ata o 18 de febreiro, co que precisamos actuar coa máxima urxencia. Aquí tedes un debate sobre a proposta en cuestión (aberto nos tres grupos galegos), no que podedes participar, e aquí unha enquisa (só para as socias, socios e simpatizantes de EQUO Pontevedra).

Agardámosvos o día 23, e se non podedes acudir, non dubidedes en facer as vosas achegas a través das ligazóns que puxemos á Equomunidade.

Un saúdo equánime,

Xiana García Freire
Coordinadora Provincial
Coportavoz na Mesa Federal
EQUO Pontevedra

Ti es EQUO,  xuntos somos máis EQUO

¡Únete a EQUO!

http://unete.partidoequo.es/

¿Cantas veces na vida podes ter a oportunidade de participar na creación dun movemento político e social coma o de EQUO?

Únete a EQUO como socia, socio ou simpatizante e axúdanos a construír un partido do século XXI, unha organización horizontal, transparente e verdadeiramente democrática.

Máis información sobre EQUO Federal aquí.

Autonómicas en Andalucía e Asturias

Dende EQUO Pontevedra queremos manifestar o noso apoio ás compañeiras e compañeiros de EQUO Andalucía e EQUO Asturias que se enfrontan o 25 de marzo a outra cita electoral, poucos meses despois das eleccións xerais do 20N.

¡Moito ánimo!

Creada a Mesa Promotora de EQUO Galicia

Como se acordou na 1ª Xuntanza de Persoas asociadas e Simpatizantes de EQUO en Galicia formouse unha Mesa Promotora co fin de traballar pola creación de EQUO Galicia.

Decidiuse que a Mesa Promotora de EQUO Galicia estivese formada por dúas persoas de cada unha das tres Mesas Provinciais constituídas (A Coruña, Ourense e Pontevedra), máis unha persoa asociada de Lugo e unha persoa representante da Rede EQUO Mocidade Galega. Deste xeito as persoas que conforman a mesa son:

Alberto Franco - da Rede EQUO Mocidade Galega
Elbio Ramos Alvite - da mesa de EQUO A Coruña
Juan García - da mesa de EQUO A Coruña
Julio Des Diz - socio de EQUO en Lugo
Loli Tobío Sueiro - da mesa de EQUO Pontevedra
Miguel Cid - da mesa de EQUO Ourense
Montse Valencia León - da mesa de EQUO Ourense
Óscar Milego - da mesa de EQUO Pontevedra

Ademáis, calquera persoa asociada ou simpatizante podía, e pode, presentarse como voluntaria para axudar a esta Mesa Promotora, e deberá facelo enviando un e-mail a mesa.equogalicia@gmail.com. Mostramos desde xa o noso agradecemento aos que xa se achegaron, sen deixar de agardar polos que todavía non deron o paso. De todos os xeitos, a Mesa Promotora de EQUO Galicia agradecería que os voluntarios se achegasen canto antes, para poder empezar a traballar con máis forza.

Unha aperta equánime.

Manifestación contra a incineradora do 29 de xaneiro no Carballiño

Benqueridas eQuoamigas e eQuoamigos,

EQUO Pontevedra, apoia ás distintas plataformas cidadáns que se opoñen á incineradora e comunica o seu firme rexeitamento á incineración como sistema de xestión de residuos calquera que sexa a súa ubicación.

Convidámosvos ás persoas asociadas e simpatizantes a participar na manifestación convocada pola Plataforma Incineradora no Irixo Non en contra da decisión da Xunta de Galicia de instalar unha pranta de tratamentos de residuos sólidos urbanos con xeración termoeléctrica por incineración no Concello do Irixo en Ourense.

Queremos estar presentes nesta manifestación que terá lugar o vindeiro Domingo 29 de Xaneiro as 12:30 na Praza Maior do Concello do Carballiño, Ourense.

Ti es EQUO,  xuntos somos máis EQUO.

Convocatoria da xuntanza de persoas asociadas e simpatizantes de EQUO Galicia

Día: 21 de xaneiro do 2011
Hora de inicio: 10:00h
Hora de finalización prevista: 13:30h (solicitamos o espazo tamén entre as 17:00 e as  20:00h, por se acaso)
Lugar: Centro Sociocultural José Saramago – Vite
Rúa Carlos Maside, 7, Santiago de Compostela
Tfno: +34 981 570 988

Benqueridas equoamigas e equoamigos:

EQUO SEGUE MEDRANDO!

E o seguinte paso é comezar a falar de EQUO Galicia. Con ese fin as Mesas Provinciais Galegas queremos convocar ás persoas asociadas e simpatizantes de EQUO en Galicia que estean interesados en participar na formación de EQUO Galicia, especialmente aqueles residentes ou censados en calquera das catro provincias galegas.

Esta xuntanza ten por obxetivo coñecernos, coñecer  todas as propostas que teñades para o artellamento dun EQUO Galicia no futuro inmediato e ademáis conformar un grupo de traballo que se ocupe de levar a bo fin o que se aporte nesta xuntanza.

Temos moi presente que aínda non se tivo a oportunidade de conformar EQUO Lugo, e por iso agardamos que poidan asistir a esta xuntanza o maior número de lucenses posible. Haberá un espazo no que as persoas asociadas e simpatizantes de EQUO en Lugo poderán atoparse, coñecerse, e ter o apoio das outras provincias para comezar a formar EQUO Lugo. Desexamos que, paralelamente á creación de EQUO Galicia, poidamos darlle o pulo necesario a este proxecto na cuarta provincia galega.

A ORDE DO DÍA será a seguinte:

1. Benvida e lectura da Orde do Día (5 min)

2. Presentación das persoas que presiden a xuntanza, e dinámica de participación acordada (5-10 min)

3. Presentación da situación actual de EQUO nas catro provincias galegas e da Rede EQUO Mocidade Galega (sen debate, 20 min)

4. Turno de palabra aberto: ¿Que propostas teñen as persoas asociadas e simpatizantes para o artellamento de EQUO Galicia?

5. Grupo de Traballo para a creación de EQUO Galicia
- Debate aberto: a estrutura do Grupo de Traballo, a súa función, o que se agarda del, etc
- Turno para presentarse voluntariamente para formar o grupo.

6. Rogos e preguntas

Agardamos vervos a todas e todos alí, para escoitar as vosas propostas e opinións

EQUO es ti, xuntos somos máis EQUO.

Xa temos Estatutos!

Como sabedes, en EQUO Pontevedra quixemos facernos con unha ferramenta que nos permita traballar ata o vindeiro 1º Congreso de EQUO plantexado para xuño do 2012. Deste xeito buscamos desde a Mesa Provincial dotar a todos as persoas asociadas  e simpatizantes dos dereitos e deberes que temos ao vencellarnos a este proxecto.

Os nosos Estatutos (provisionais, coma todo o demais ata o congreso de xuño) foron debatidos e redactados pola Mesa Provincial, que levou un primeiro borrador á Asemblea Xeral do 9 de xaneiro. A Asemblea debatiu punto por punto, modificou por consenso o que foi necesario, e aprobou a versión final, que podedes atopar aquí.

Nestes Estatutos, recóllese o funcionamento da Asemblea Xeral (de persoas asociadas e simpatizantes), da Mesa Provincial e do Grupo de Comunicación Externa (para saber quen son eses, remitídevos a unha entrada anterior).

Multitudinaria manifestación no Irixo para dicir: NON Á INCINERACIÓN

Máis de 2500 persoas acudiron á manifestación convocada pola Plataforma Incineradora no Deza Non o sábado día 7 no Irixo; tendo en conta o pequeno tamaño do concello, iso constitúe unha gran marea: un mar de persoas que están en contra da apertura dunha incineradora no Irixo.

Entre elas atopábanse, como non pode ser menos, socios e simpatizantes de EQUO  Galicia. Con anterioridade á manifestación, as tres mesas provinciais Galegas que son activas neste momento (Pontevedra, A Coruña e Ourense) pronunciáronse oficialmente para mostrar o seu apoio á plataforma e para posicionarse en contra da incineración como forma de xestión de residuos, tanto no Irixo coma en calquera outro lugar.

A Coordinadora Veciñal Incineradora no Irixo Non publicou o seguinte comunicado trala manifestación.

Este é un resumo do acontecido ata agora de Galicia Confidencial.

Por último, podedes asinar a petición de Actuable en contra da incineradora no Irixo aquí.

NON Á INCINERACIÓN!

Algúns dos EQUOs e EQUAs galegos que acudiron á manifestación

 

Manifestación “Incineradora NON” o sábado 7 de xaneiro en O Irixo

Desde EQUO Pontevedra apoiamos a manifestación convocada pola Plataforma Incineradora no Irixo Non en contra da decisión da Xunta de Galicia de instalar unha planta de tratamentos de residuos sólidos urbanos con xeración termoeléctrica por incineración no Concello do Irixo en Ourense.

EQUO apoia ás distintas plataformas de oposición á incineradora e comunica o seu firme rexeitamento á incineración como sistema de xestión de residuos calquera que sexa a súa ubicación.

Por iso queremos estarmos presentes nesta manifestación que terá lugar o vindeiro sábado 7 de Xaneiro as catro da tarde no citado concello, e que partirá desde a estrada Lalín – O Carballino (OU-902), na recta de Abanico.

Temos aberto un debate na eQuomunidade  co fín de coordinarnos.

Incineradora NON!