Ola, acabo de recibir as papeletas para o voto por correo é por primeira vez na miña vida non teño ou non tiña nada claro a quen votar. Son votante fixo do BNG no que estiven afiliado moitos anos. Fai xa 4 anos que deixei de militar no Bloque e a verdade que despois de darlle moitas voltas penso que nesta ocasión non se merecen o meu voto. Despois de estudar as diferentes papeletas recibidas creo que a vosa opción é a máis ilusionante das que se apresentan. E despois de visitar a vosa web e ler as vosas propostas quero darvos o meu ánimo para que sigades con forza e a ver onde se pode chegar. Que saibades que en Ponteareas xa tedes un votiño, se ben está claro que vai ser moi complicado, por non dicir imposible, conseguir representación nestas eleccións, polo menos espero que axude para que pouco a pouco poidades ir medrando e quen sabe se nun futuro se pode chegar a algo máis. Forza, ánimo e un saudo dende Ponteareas.
Xurxo López