03.04.2012 Nota de prensa de EQUO Galicia.

                                                                                                                          

 Ante o incendio das Fragas do Eume, EQUO Galicia lamenta a queima do espazo máis emblemático das fragas Atlánticas galegas e pide responsabilidades.

 

 Ante o incendio que segue activo no parque natural das Fragas do Eume, a formación política EQUO Galicia quere manifestar a súa preocupación pola supervivencia deste espazo natural emblemático e agarda que se asuman as responsabilidades políticas derivadas da xestión desta perda irreparable.

 EQUO Galicia considera que a orixe do lume, que xa todos concordan foi intencionada, non se pode prever, pero parece incomprensible a lentitude na actuación inicial que provocou que cando chegaron os medios de extinción as lapas foran xa incontrolables. EQUO pregúntase se o espazo forestal senlleiro da biodiversidade galega, nun período de máximo risco de incendios, non contaba cun equipo permanente de control e vixiancia.

 As Fragas do Eume levan anos soportando múltiples agresións por invasión de especies exóticas, contaminación reiterada do río Eume, proxectos de minería a ceo aberto e minicentrais no seu contorno etc. Este incendio representa a suma dunha longa serie de despropósitos inimaxinables nun Parque Natural.

 EQUO Galicia lamenta finalmente o acostumado espectáculo do uso partidista dos incendios como ferramenta política, cando unha simple revisión do acontecido nas tres últimas décadas reflexan que nin PP, nin PSOE nin BNG son quen para poñer de exemplo a súa xestión nos períodos nos que o monte foi da súa responsabilidade.

 EQUO participou nas concentracións convocadas en distintas vilas galegas o pasado luns en repulsa por esta traxedia ambiental e social e seguirá a carón dos que busquen novas solución para acadar novos resultados. Contra o lume, mal endémico en Galicia, tan so cabe a unión de todas as partes implicadas.

Elbio Ramos – Loli Tobío

Covoceiros da

mesa promotora de EQUO Galicia

606117304 – 635137914

equogalicia@proyectoequo.org

www.equova.org

 

 

02.04.2012 Concentración polas Fragas do Eume.

EQUO estivo nás concentracións polas Fragas do Eume e en repulsa polos incendios, que se fixeron nás vilas galegas. A  fotografía e da concentración de Vigo, que transcurriu dende a praza do Sireno ata o museo Marco, e a que asistiron o redor de 600 persóas.

29M FOLGA XERAL E DE CONSUMO!

EQUO Pontevedra estará nas manifestacións de Vigo este xoves 29 de marzo.

Apoiamos a FOLGA XERAL contra a reforma laboral e contra os recortes que está levando a cabo o actual goberno. Pero debido a que os convocantes das mesmas non se puxeron de acordo nunha soa convocatoria para toda a cidadanía, nós non queremos disputarlles a cabeceira e iremos, como outras agrupacións, na cola da manifestación.

Quedamos con este fin, na Praza de España (a carón do quiosco) ás11 da mañá, en Vigo.

Pero esta crise non é financeira como nos fan crer, é social e é medioambiental. Por iso, veñas ou non veñas a manifestarte, FAI FOLGA DE CONSUMO! Non merques nada que non sexa imprescindible e reduce o teu consumo de enerxía e auga.

Unha aperta.

INICIATIVA POPULAR CONTRA OS MALOS TRATOS ANIMAIS

INICIATIVA POPULAR CONTRA OS MALOS TRATOS ANIMAIS FAI UN CHAMAMENTO A PARTICULARES, ORGANIZACIÓNS E ASOCIACIÓNS ESPAÑOLAS QUE VELAN POR O BENESTAR ANIMAL PARA SOLICITAR O SEU APOIO NAS MANIFESTACIÓNS DO 25 DE MARZO DE 2012 EN MADRID E OUTRAS CIDADES DE ESPAÑA.

PONTEVEDRA: Ás 18 h. en Praza da Herrería

VIGO: Ás 18 h. na Praza Fernando o Católico.

Contacto: coordinadorapp@gmail.com
Pontevedra dice NO al maltrato animal

EQUO apoia a convocatoria de Folga Xeral do 29 de Marzo

Ante a confirmación de que os sindicatos convocaron folga xeral o próximo 29 de Marzo como protesta pola reforma laboral aprobada recentemente polo goberno, EQUO expresou o seu apoio a esta convocatoria e anima á cidadanía a sumarse á mesma xa que “están en xogo dereitos fundamentais”.

Para EQUO, a convocatoria dunha folga Xeral é unha decisión difícil, que non debe tomarse a lixeira, pero a reforma laboral aprobada é sumamente agresiva coa cidadanía e elimina importantes dereitos adquiridos polo que esta convocatoria está xustificada e era necesaria.

Para EQUO a reforma contén elementos que non poden ser asumidos, como son o abaratamento do despedimento ou a capacidade que outorga ao empresario para cambiar as condicións laborais dos traballadores, incluídas as salariais. É unha reforma que ademais coloca á cidadanía nunha situación de indefensión e que non creará emprego.

Para o Portavoz de EQUO, Juan López de Uralde, ” a reforma dificultará aínda máis as condicións de vida da cidadanía. Haberá máis precariedade, menos ingresos e máis medo a ser despedido. E o que é aínda peor, todo isto non servirá para xerar emprego, por iso cremos que hai motivos máis que suficientes para apoiar esta folga”.

EQUO reclama un cambio de rumbo nas políticas económicas en España e en Europa por considerar que os recortes que se están producindo, ademais de ser profundamente inxustos e antidemocráticos, só levarán a unha profunda recesión mundial e a perda de millóns de empregos.

Excursión guiada á antiga INCINERADORA de Vigo, no Freixo

En Equo Pontevedra organizamos o vindeiro domingo 25 unha pequena excursión pola zona da vella incineradora de Vigo para ver o seu estado así como polo vertedoiro de residuos.

Compre non esquecer que a historia da incineración en Galicia non comezou en Sogama. E qué mellor forma que coñecer o pasado que da man do noso amigo Antón Lois, que compartirá o seu saber sobre este periodo do pasado vigués connosco durante a andaina.

Xa hai anos que se pechou a incineradora. O vertedoiro onde se acumulaban as cinzas seguen alí anos despois.

Avisade os que vaiades vir. Iremos en coches ata o Freixo, e sería estupendo poder organizarnos nos menos posibles. Está previsto sair ás 11:00 dende o Institudo Santa Irene de Vigo.

Unha equoaperta.

Oscar Milego, coordinador provincial de EQUO Pontevedra.

Iniciativas Oceánicas_ Limpeza da praia de Patos

As Iniciativas Oceánicas son operacións de sensibilización acerca da problemática dos residuos acuáticos ás que se suman operacións de limpeza (praias / ríos / fondos mariños).
Estos eventos organizanse en todo o mundo desde fai 16 anos: en 2010, 40000 actores participaron en máis de 950 operacións.

Este ano as actividades de limpeza concentraranse entre o día 22 e o 25 de marzo.

EQUO Pontevedra, únese as actividades de limpeza da praia de Patos en Nigrán, organizada pola “Prado Surf Escola”

Agardámoste este sábado, 24 de marzo de 2012 entre ás 10:00  e ás-14:00 horas.

Un saúdo:

Oscar Milego

Coordinador provincial de EQUO Pontevedra.